O noso grupo Irmán "Grupo de baile e gaitas A Nosa Señora da Xunqueira" está de aniversario, 30 anos levan espallando a música e o baile tradicional galego.
O Grupo de baile e gaitas A Nosa Señora da Xunqueira nace como agrupación folclórica no ano 1984 da man da "Madre Otilia", unha monxa que sentía inquedanza pola música e o baile tradicional galego. O Grupo intégrase na parroquia da "Nosa Señora da Xunqueira", comenzando cun grupo de 50 nenos e nedas de entre 8 e 17 anos, número que varía de ano en ano.
Algunhas finalidades principais desta agrupación folclórica son: coñecela cultura popular, recuperala e espallala, ademáis de agasallar á xente da parroquia e de fora dela, cun día festivo, cheo de ledicia, no marco dunha amizada, convivencia e cooperación.
O traballo que está a desenvolver este grupo non é a nivel profesional, senon que o seu obxetivo é que tódolos compoñentes participen nel facendo o que lles gusta, bailando, tocando e cantando sen condicións de discriminación.
Na actualidade o grupo está formado por unhas 40 personas de idades
comprendidas entre os 4 e os 60 anos, e repartidas en tres subgrupos,
reunidos por idades.
As actuacións das que foi partícipe a agrupación repártense por toda a
comunidade, dende celebracións de festas patronais, participacións en
festivais musicais, amenizando as procesións, ademais de outras diversas
celebracións coma bodas ou despedidas de buques-cruceiros . Tamén colabora en festivais benéficos organizados por asociacións
sen ánimo de lucro, festivais folclóricos ou festivais celebrados en
centros culturais.
Ademais destas actuacións citadas con anterioridade, o grupo
acode en representación do concello, a cidades como Santa Eulária des
Riu en Ibiza, ou tamén a mostras do viño ou gastronómicas, a eventos de
interese turístico internacional, coma a Romaría Vikinga, en Catoira ou
as festas de San Roque en Vilagarcía de Arousa e tamén en recepción
oficiais como á dos campións do mundo 2009 de vela en clase platú ou no Open Nacional Snipe 2011.
Na actualidade, e dende hai varios anos, os mestres encargados desta
agrupación son Carmela e Jose, que levan os grupos de baile e gaita,
respectivamente, e ós que adican parte do seu tempo de lecer, incluíndo
días festivos e fins de semana.
Para celebrar o seu 30 aniversario convídannos ó próximo sábado día 13 de septembro ás 21:00h. na parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira ó festival que organizan, un festival cheo de recordos de grandes momentos e no que participaran os Anfitrións "Grupo de baile e gaitas A Nosa Señora da Xunqueira", Os Terribles de Arousa, Os Mersenarios, Danza de Arcos de Cobas acompañados polos Carballeiras, O Grupo Folclórico Mocedade da Torre 83 e nos as Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa.
Para rematar felicitar o noso grupo irman...
PARABENS!!!!
Fonte de información: www.axunqueira.com