luns, 14 de abril de 2014

De faena ou de gala, O TRAXE TRADICIONAL GALEGO

   Según como estén colocadas as borlas dunhas botas o que as viste comunica estar casado ou solteiro. . Tiñan un para diario, o traxe do campo ou faena; e outro para as festas, o traxe de gala. O primero usábase para traballar e por iso as súas teas eran moito máis grosas e resistentes. No de gala abundaban as teas finas e as sedas e tiña un montón de adornos e complementos. 
Traje de mujer vista de frente
Traxe de muller vista de frente (Extraído do Museo do Pobo - Santiago de Compostela)

Traje de mujer vista posterior
Traxe de muller vista posterior (Extraído do Museo do Pobo - Santiago de Compostela)
O traxe de muller tiña  refaixo, enaguas, saia, mantelo, mandil, camisa, dengue, chaquetilla, mantón, que normalmente iba por riba do dengue, cofia ou pano. O de home era máis sinselo, polainas, calzoncillo largo, pantalón (máis coñecido como calzón), faixa, camisa, chaleco, chaqueta e montera ou sombreiro. O calzado é, en amboslos dous casos, zuecos para diario e zapatos co traxe de gala. E usouse ata principios do século XX.

   Para moita xente, aunque por sorte cada vez menos, o traxe galego (sobre todo o da muller) é básicamente unha falda vermella, un mandil, un dengue e un pano da cabeza. Grazas a numerosas investigacións, hoxe en día sabemos que esta uniformidad no é certa, aunque si que houbo unha corrente en canto a forma de vestir. O traxe Tradicional Galego varía moito segundo a zona xeográfica, a ocasión e as posibilidades.


   Este é o noso traxe, e comprende zocos ou zocas, medias negras, pololos, enaguas, falda, mandil, camisa, pano, chalecos (dispoñemos de varios que poñemos según a ocasión), pano da cabeza e pamela. Pero sempre sempre vai acompañado dun pequeno prendedor, unha bonequiña pandereteira personaliza, a nosa insignia, insignia das Cantareiras Bulideiras.