martes, 17 de marzo de 2015

I FESTIVAL DAS CANTAREIRAS BULIDEIRAS DE FONTECARMOA


O pasado 8 de marzo celebramos o noso primeiro festival co gallo do Día da Muller Traballadora.

Foi todo un éxito, acudiu un montón de persoas ás que lle damos a grazas por pasar una agradable e soleada tarde con nós!!!

Fofubulideira


Temos que agradecer a María Díaz Sanjuan ("Maria´s y sus fofuchas" en Facebook) pola recreación das Bulideiras nesta fantástica boneca.


Gaspar Gónzalez Somoza (presentador)
Grazas tamén a Gaspar González Somoza por esa mágnifica presentación, coa que nos fixo rír nalgunha ocasión. Gaspar é unha mágnifica persoa, próxima e agradable, adamaís de ser un extraordinario actor de doblaxe para a TVG. Grazas Gaspar!!!


Pepe Álbarez entregando a boneca a Gaspar

 Que todo saíra tan ben débeuse a unha grande e maravillosa persoa que tivemos por rexidor, Pepe Álvarez. jejeje danos a risa porque a pesare das súas indicacións con frechas para indicarnos por onde deberiamos entrar e sair do escenario.... fixémolo ó revés!!!! Pero bueno todo acontecemento ten que ter as súas anécdotas, non credes?



Moitas grazas a tódalas agrupaciós que nos acompañaron ese día e que o fixeron estupendamente, comentar que había varios raparigos e raparigas que se estreaban como bailaríns e bailarinas por primeira vez. Un OLEEE!!! para eles.


Grupo Folclórico A Nosa Señora da Xunqueira



Tanto Nos Ten

Grupo Folclórico Mocedade da Torre 83

Os Carballeiras de Vilariño

Banda de Gaitas Treboada de Guillán


Obradoiro Volandeira







Graciñas tamén ó Concello de Vilagarcía, A Edu e a Iván por estas estupendas fotos e ás persoas que doaron productos para a elaboración de dúas cestas que se sortaron ó final do festival.

E para rematar MOITAS GRAZAS!!!!  a nosa profe Dolores Camiña porque é unha mágnífica rapaza e un estupenda profesora e a tódalas compoñentes das Cantareiras Bulideiras Vicky, María, Mariuca, Mari Laura, Mari, Dolores, Maruja, Socorro, Ana, Fita, Kathy, Mari Carmen, Candy e Dolores Camiña (a profe ;-)). bueno agora temos unha nova integrante, Miriam, benvida!!
Kathy (esqueda) entrega un precioso ramo a Dolores Camiña (dereita), a nosa PROFE!!!