QUEN SOMOS



As Cantareiras Bulideiras xorden hai dous anos en Fontecarmoa debido á inquedanza de 6 das súas veciñas de divertirse aprendendo a tocar a pandeireta.

De tocar pasamos a cantar e a interesarnos por novos instrumentos de percusión e comezamos a amosar o noso desexo de actuar nos eventos da parroquia e arredores.

Comprácenos de estar con todos vostedes e convidámosvos  a participar no noso labor, que non é outro que o de espallar a cultura galega por calquer recanto do universo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario